A Asociación Cultural ‘O Coto’, organiza este domingo, día 24, unha nova ‘Peque Ruta’ polos Muiños de Couso en Gondomar. O sendeiro está promovido pola Comunidade de Montes de Couso para dar a coñecer o seu patrimonio etnográfico dos muíños do río Matalagartos e o río de Couso.
@s interesad@s en coñecer este fermoso sendeiro que discorre polas frondosas beiras de dous ríos, nunha contorna de tupidísima arboreda que conforman o bosque de galería e nunha atmósfera sombría e húmida nas marxes destes, atravesando pontes e pontellas, deben de estar no lugar de saída da andaina, o Colexio Público Carballal, ao que se chega pola Avenida do Aeroporto, ñas 11 da mañán.