
O fiscal xefe de Galicia confirmou este martes no Céntro Cívico de Teis, no que deu unha charla-coloquio, invitado pola Plataforma de afectados por Preferentes , Vigo -Val Miñor. o que adiantara aos xornalistas o pasado día 19, solicitará a “cesación” dos contratos de participacións preferentes para que o xuíz declare “de oficio” a súa nulidade ante unha “práctica abusiva”. De non prosperar a solicitude, a Fiscalía está disposta a apelar á Audiencia Provincial e “mesmo” recorrer ao Tribunal Supremo.
Carlos Varela salientou que ese será o camino que siga a Fiscalía, logo de que a Audiencia da A Coruña desestimase o recurso de apelación sobre a demanda colectiva dos afectados pola compra de participacións preferentes e obrigas subordinadas de Novagalicia Banco.
O fiscal explicou que exercitará “unha acción de cesación” ante o Xulgado de Primera Instancia número 11 de A Coruña , onde solicitará a “nulidade de oficio”, dacordo coa xurisprudencia europea, da totalidade dos contratos. “Non será necesario que o Ministerio Fiscal exercitase unha acción de nulidade porque o xuíz estaría habilitado para declarar de oficio a nulidade dos contratos de preferentes”, explicou Varela.

Neste caso, segundo Varela, a Fiscalía será chamada a un xuízo verbal, que espera se celebre en dous ou tres meses. Unha vez que se dicte sentenza, se esta non ratificase as súas teses, estudará presentar unha apelación ante a Audiencia Provincial de A Coruña e “mesmo chegar ata o Tribunal Supremo mediante un recurso de casación”.
Carlos Varela non deixou lugar a dúbidas e, logo de asegurar que defenderá a causa ate o final, “porque é unha causa xusta”, indicou que “a Fiscalía non comparte o que establece o auto da Audienia de A Coruña ao sinalar que habería que realizar unha análise individual de cada caso, posto que, segundo o fiscal, se está ante un interese difuso” ao implicar a 43.000 afectados.