Se es un amante do cine, e ademáis vives preto de Vigom, non podes deixar de visitar Cinema Passion, unha exposición itinerante que repasa a época doradao do cine, poderá visitarse ata o próximo 28 de marzo na rúa Eduardo Iglesias, número 20. Organizada pola Asociación de Comerciantes Zona Centro e o Mercado de O Progreso, Cinema Passion recolle máis de 300 elementos orixinais, distribuidos en distintas seccións: cinema mudo, drama, aventuras, cinema negro, musical ou comedia.
O comisario da mesma, Mario Uriaga, salientou que Cinema Passion recolle elementos decorativos da época como atrezzo, autógrafos, butacas, focos, bobinas de cine, películas ou claquetas, ademais de incluír un “guiño á Vigo” con pezas e lembranzas da antiga Sala Fraga.