Galicia

Galicia achégase aos 300.000 parados

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de subiu en 2.033 personas en febreiro en Galicia, un 0,7% respecto a xaneiro, o que situou a cifra total en 292.823 persoas. En relación con febreiro de 2012, o paro rexistrado aumentou na comunidade un 6,61%, con 18.148 desempregados máis, segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Emprego.

En total, 367.439 persoas eran demandantes de emprego o pasado mes en Galicia, das que 42.125 estaban ocupadas e 309.405 non. Estes últimos, os demandantes de emprego non ocupados, incrementáronse en 2.097 persoas en febreiro e acumulan un aumento de 17.909 respecto ao mesmo mes do ano pasado, o que supón un 6,14%.

Por provincias, o incremento da cifra de parados en febreiro concentrouse en A Coruña, que sumou 1.067 persoas en paro, o que representa unha suba do 0,93% respecto a xaneiro. En Pontevedra rexistráronse 560 desempregados máis, 336 en Lugo e 70 en Ourense.

Das 292.823 persoas en paro, 147.977 son mulleres e 144.846, homes. Deles, 271.945 teñen máis de 25 anos e 20.878 son menores desta idade. Segundo actividade económica, 171.758 parados en Galicia correspóndense co sector servizos, mentres 23.011 son persoas sen emprego anterior. Destas 23.011 persoas sen emprego anterior, 2.272 son menores de 20 anos, 4.351 teñen entre 20 e 24; 2.475 teñen entre 25 e 29 e 4.876 teñen entre 30 e 44.

A contratación en Galicia en febreiro, con 40.802 contratos, caeu un 24,36% en comparación con xaneiro, ao asinarse 13.139 menos. Respecto a febreiro do ano pasado, o dato de contratos nun 7,57% inferior, con 3.344 contratos menos.

 

También te puede interesar