Manuel, veciño de Redondela, mecánico axustador nun asteleiro, é o primeiro caso dun desfiuzamento naquel concello. Hai uns días enterouse de que o Servicio de Emprego decidiu embargarlle parte da prestación por desemprego, de catro meses, por unha “axuda familiar xa cobrada”. Elo fixo que teña pendentes dos meses de aluguer e que sexa dafiuzado este mesmo luns.
Por elo, desde o xoves, está en folga de fame , durmindo debaixo dos soportáis do Concello, e vivindo das aportacións de xente que se achega e lle bota unha man.