
Os máis de 500 traballadores de FCC, empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo da cidade, están convocados a unha asemblea ás 10 da noite deste luns para decidir se van á folga, “ante a situación de bloqueo das negociacións do convenio colectivo”. O Comité de Empresa indicou que non está dacordo coa proposta de FCC de non engadir o incremento de salario, ademáis, salientan os sindicatos, de a posibilidade de que haxa unha reducción de personal.
Na derradeira folga da plantilla hai dous anos, acumuláronse nas rúas máis dun milleiro de toneladas de lixo. O alcalde, preguntado hoxe sobre a posibilidade de folga e que máis de 350 toneladas de residuos queden sen recollerse cada día, non quixo decantarse e limitouse a sinalar que “está moi ben que os sindicatos, o comité de empresa e os traballadores expresena a súa opinión”.