Os grupos da oposición en Ponteareas, BNG, PSOE e Alternativa Cidadá de Ponteareas (ACIP), reuniranse este luns, ás 9 da noite, para dar o último paso cara á presentación da moción de censura que apartaría da Alcaldía ao popular Salvador González Solla.
O pasado xoves, o secretario xeral dos socialistas pontareáns, Delfín Domínguez, asegurou en Via RTV, que a moción xa solo dependía da postura do BNG, que asumiría a dirección do concello na persona do seu voceiro, Xosé Represas, e que logo de meses de negociaciones había varios puntos que tiñan aceptado os tres grupos da oposición. Entre eles, Delfín Domínguez sinalou un novo plan económico que evitase a ‘disolución’ do concello, logo de que o Goberno central rexeitase o plan de axuste presentado por González Solla; o estudo dun novo plan de urbanismo, que en Ponteareas non foron quen de acometer en tres mandatos, e unha rexeneración democrática do concello, “é preciso abrir as fiestras para que entre o aire”, asegurou Domínguez, quen tamén é secretario xeral do PSdG de Pontevedra.
Ademáis, tamén hai acordó sobre a conformación do futuro gobernó local, na que habería tres representantes do BNG, dous de PSOE e dous de ACIP. O devandito órgano sería o encargado de adoptar, de forma consensuada, os acordos relativos ás áreas de Persoal, Facenda e Urbanismo.
En todo caso, os socialistas salientan que, unha vez que se retomen os contactos, haberá que “restablecer a confianza entre os promotores da moción de censura” e que, en calquera caso, a última palabra será dos militantes socialistas que terán que aprobar ou non os acordos adoitados; ademáis, o programa de gobernó deberá aprobarse polas direccións socialista e nacionalista en Santiago.