A aqueles que lles goste o fado están de noraboa: teñen unha cita ineludible o vindeiro sábado, día 23 (9 e media da noite), no Auditorio Municipal Vázquez Portomeñe de As Neves. Esta portuguesa, galega de adopción dende os 7 anos, cando chegou a Ourense, cidade na que reside, entrou no mundo do fado da man do seu pai, fadista profesional que, coma a propia María ven de declarar en moitas entrevistas, “fíxome sentir a profundidade dun sentimento transmitido polo medio máis recoñecido internacionalmente: a música”.
María do Ceo aporta ao seui estilo a cadencia do acento galego, o cal pódese apreciar, tanto nos seus concertos e actuacións, que comezaron en 1988 e que fixéronse o centro da súa carreira dende 1995, data da creación de Alfama, grupo ao que vai vencellado o seu nome e que a acompaña dende hai casi vinte anos.
O punto de partida do seu éxito chegou en 1997 cando publicou o seu primeiro traballo…a él seguiron clásicos inmortalizados por Amalía Rodrígues, Alves Coelho filloa o Alberto James…e logo chegaron as letras xurdidas de obras de poetas galegos co cal, María, logrou completar no seu repertorio musical a Galicia e Portugal.