Ese é o motivo polo cal a ‘tonadillera’ actuará no programa de Xosé Ramón Gayoso…o simplemente ‘Jalloso’. Así o xustificou o director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG), este venres, no Parlamento de Galicia, en resposta a unha pregunta do BNG. Alfonso Sánchez Izquierdo asegurou que a nai de Paquirrín “recortou” o custo da súa contratación en relación a exercicios anteriores, exactamente nun 25%, en relación ao que cobrou en 2009…eso sí, Sánchez non dixo canto cobrou hai catro anos, polo cal non se pode saber canto cobrará agora.
“O custo da actuación de Isabel Pantoja tivo lugar dentro dos parámetros habituais do seu caché e do seu paso polo programa nos anos anteriores, pero aplicóuselle un recorte significativo de acordo coa situación económica”, sinalou o director da CRTVG quen non quixo decir o caché da ex parella de Cachuli para “non prexudicar a súa intimidade nin a capacidade de negociación da compañía”.
En calquera caso, quixo tranquilizar á parlamentaria do BNG Montse Prado, quen criticou que se utilice “diñeiro público para dar publicidade a persoas procesadas”, en alusión á implicación de ‘mi gitana’ na ‘Operación Malaia’, e asegurou á deputada que está disposto a poñer á súa disposición o expediente da contratación.
Por si esta resposta non deixase crara a necesidade de traer a esta estrela a ‘Luar’, Sánchez salientou que “a señora Pantoja visita regularmente ‘Luar’ porque encaixa na filosofía” dun “espectáculo” que ten como piares “as actuacións musicais, o humor e a fórmula de poñer no escenario a tradición musical galega con artistas españois e internacionais de gran nome” e esgrimiu que, entre 2006 e 2013, apareceu unha decena de veces neste programa…y olé.