Centos de Afectados polas Preferentes tentan protestar nun congreso do PP tomado pola Policía e a Garda Civil

Centos de afectados polas preferentes protestaron este sábado no exterior do recinto feiral da Semana Verde de Silleda onde se celebraba o congreso provincial do Partido Popular de Pontevedra, no que Rafael Louzán foi é reelixido presidente.

Nun área completamente valada e cun  despregamento policial e de seguridade, que superaba ao que protexeu o venres ao presidente da Xunta en Baiona,os populares desenvolveron o seu congreso tras cambiar, á ultima hora, a xuntanza prevista no Centro Social de Novacaixagalicia, en Pontevedra. Ate o lugar, como anticiparan onte,  achegáronse  membros de diversas plataformas de afectados polas preferentes con pancartas nas que se podía ler ‘Saímos estafados e con quíta expropiados’, ao tempo que se increpaba os diferentes membros do PP que accedían ao congreso, apenas 12 horas despois de que se coñecera que os titulares de participacións preferentes de NCG Banco afrontarán unha quita media do 43%; mentres que os donos de obrigas subordinadas perpetuas perderán o 41% e os de subordinadas con vencemento, un 22%, segundo aprobou o  Fondo de Reestruturación ordenada Bancaria (FROB).

“Non hai que chamalo quita, hai que chamarlle roubo“, aseguraron varios dos aforradores quenes criticaron que os populares cambiaran o seu congreso dende a capital, onde este sábado estaba convocada unha manifestación en contra “desta estafa institucionalizada e amparada polo Goberno, a Xunta e os alcaldes do Partido Popular”, afirmando que “só se esconde o que teme algo que teme”.

Ainda que houbo algún momentos de tensión, sobre todo cando varios afectados, a maioría de idade avanzada, tentaron facerse escoitar polos responsables populares, a realidade e que a impresionante presenza de membros de Policía Nacional e Autonómica e da Garda Civil, que vixiaban cada unha das entradas ao recinto, e estaban presentes casi que en cada cruzamento da estrada, impediuno. Ainda así os afectados permaneceron horas no lugar e un dos seus voceiros advertiu que “ata agora as protestas foron moi pacíficas, a partir de agora vai a ser moi distinto, non nos van a roubar impunemente”.

Dentro do congreso, o recen elixido presidente asegurou, referíndose ao cambio de lugar do congreso que “foi un acerto vir ata aquí, porque o PP é o partido máis democrático que existe porque ao mesmo tempo que estamos reunidos quen quede protestar pode facelo”. Neste sentido, Rafael Louzán referíndose aos socialistas sinalou que “non darían autorización” á manifestación de Pontevedra e desta forma resolvería, ao seu parecer, poder facer o congreso na cidade do Lérez.

Pola súa banda, o presidente do PP de Galicia e da Xunta, prometeu que “o Goberno galego seguirá impulsando a arbitraxe e plantenado que ao 100% dos aforradores hai que devolverlle o 100% dos seus aforros”, e lembrou que por esta vía xa cobraron máis de 15.000 afectados, ao tempo que subliñou que o causante desta situación foi o gobernó do PSOE. “Aqueles que lavaron as mans mentres emitían millóns e millóns de preferentes, agora fregan as mans para utilizar como arma arrojadiza ás vítimas contra os que intentamos buscar unha solución”, recriminou Alberto Núñez Feijóo. “nos non creamos este problema, senon que  somos parte da solución”, defendeu, ao tempo que criticuo aos “axitadores que só buscan desgastar ao PP” e pediu aos afectados que non se deixen manexar por eles.

 

También te puede interesar