Comarcas

María do Ceo, este sábado pola noite, en As Neves

A aqueles que lles goste o fado están de noraboa: teñen unha cita este sábado, ás 9 e media da noite, con María do Ceo, no Auditorio Municipal Vázquez Portomeñe de As Neves. Esta portuguesa, galega de adopción dende os 7 anos, entrou no mundo do fado da man do seu pai, fadista profesional que, coma a propia María ven de declarar en moitas entrevistas, “fíxome sentir a profundidade dun sentimento transmitido polo medio máis recoñecido internacionalmente: a música”.

María do Ceo aporta ao seui estilo a cadencia do acento galego, o cal pódese apreciar, tanto nos seus concertos e actuacións, que comezaron en 1988, publicou o seu primeiro traballo en 1997…a él seguiron clásicos inmortalizados por Amalía Rodrígues, Alves Coelho filloa o Alberto James…e logo chegaron as letras xurdidas de obras de poetas galegos co cal, María, logrou completar no seu repertorio musical a Galicia e Portugal.

 

También te puede interesar