
A folga convocada no comercio de alimentación da provincia de Pontevedra para reclamar un convenio que garanta os dereitos laborais está a ter un amplo seguimento por parte dos traballadores. Segundo informou hoxe fontes da CIG, centos de piquetes informativos percorreron dende primeira hora da mañá as rúas de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía para constatar que a maior parte dos establecementos non abriu as súas portas.
A mediación na autoridade laboral retomouse este luns despois dun intenso fin de semana de negociacións que non serviu para lograr un acordo que permitise desconvocar a folga no sector. Aínda as posturas atópanse moi distantes porque a patronal insiste en recortar en materia de antigüidade e oponse ao pequeno incremento salarial que reclaman os empregados.

Diante disto, os afectados manteñen a convocatoria de folga prevista para toda a semana e que está a ter este luns a súa primeira xornada. Dende as centrais convocantes valoran moi positivamente a incidencia dun paro ao que estaban chamados uns 15.000 empregados.
As principais cadeas de alimentación de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía non abriron as súas portas, excepto as que teñen convenio propoio como Mercadona, Eroski ou Día, Mercadona e os grandes almacéns como Alcampo ou Carrefour.
Centos de piquetes percorreron as rúas dende primeira hora da mañá, aínda que o seu labor informativo limitouse a algúns pequenos establecementos que non tiñan claro se finalmente se chegara a un acordo e se desconvocara a folga. No caso de Pontevedra, impediron a saída de camións do almacén de Froiz en Poio.
