164 traballos galegos contenderán no Festival de Cans

O Festival de Cans recibiu un total de 164 traballos galegos para a súa edición de 2013, mantendo o nivel respecto ao ano pasado, cando houbo 166. A dirección do festival, que se celebrará entre o 22 e o 25 de maio, salientou esta feito tendo en conta a crise económica e a “escaseza de axudas á produción”.

A maioría do material presentado á décima edición do Festival de Cans é de ficción, 82 curtas son deste xénero, ademáis de 56 videoclips, 14 de animación e 12 pezas doutros xéneros.

Os responsables do evento indicou que hai un bo número de curtas con bandas sonoras de calidade, polo que decidiron crear un premio á mellor banda sonora orixinal, unha categoría que xa foi recomendada polo xurado da pasada edición do festival. Deste xeito, entregaranse en total 12 galardóns: 9 para curtametraxes, dous para videoclips e un premio de honra. Así, repartiranse 6.200 € en premios, ademais dos xa tradicionais ‘Cans de Pedra’, as figuras con forma de can realizadas polo artesán cantero local Paco Candán.

 

También te puede interesar