Os cinco afectados pola compra de Preferentes que estaban pechadas no Concello de Sanxenxo dende hai preto de tres meses, foron desaloxados a primeira hora desta mañá pola Policía Local. O desaloxo prodúcese poucas horas despois de que a Plataforma de Afectados de O Salnés obrigase á suspensión de o Pleno convocado este luns pola tarde e de que a alcaldesa, Catalina González, logo de permanecer no seu despacho máis de hora e media despois de rematada a reunión da Corporación e saise, ainda que non había risco ningún , nen os afectados amosaron actitude violenta algunha, escoltada por vinte axentes da Garda Civil e da propia Policía Local.
Xa onte pola noite non se permitiu que os afectados ‘relevasen’ aos que estaban pechados dentro do Salón de Plenos o cal foi interpretado como un sinal de que iba a producirse o desaloxo, e so se abriron as portas pasada a medianoite.
Esta mesma mañán, antes das 8, as cinco personas que seguían no Concello foron “desaloxadas en pixama”, segundo o portavoz da devandita plataforma, “sen que se lles permitise sacar as súas pertenzas”. O mesmo voceiro, que advertiu que as concentracións dos afectados seguirán na porta da casa consistorial, calificou este “desafiuzamento” como “propio dun estado dictatorial” ao tempo que pediu o apoio dos veciños aos aforradores que “sufrimos un expolio que perxudica a todos os cidadáns”.
O primeiro xesto de solidariedade ven de producirse por parte da Plataforma de afectados de Lugo que, este mesmo martes, mandará unha delegación a Sanxenxo “para solidarizarse cos compañeiros de O Salnés e esixir a alcaldesa que abra as portas do Concello de par en par para que poidan entrar e saír del os cidadáns que o consideren, pois é a Casa do Pobo, e ela non é máis que unha mera xestora que esta de prestado naquel lugar e, a xulgar pola súa aptitude, sen lexitimidade algunha para ocupar semellante responsabilidade”.