Esa é a decisión que tomaron nunha reunión que mantiveron, esta mesma noite, no Salón de Plenos do Concello, onde están encerrados dendo o mércores. Segundo o voceiro dos mesmos, “en principio eso é o que imos facer agardando polas xestións que poda facer o alcalde dende o luns”. Segundo declarou a vigoalminuto, “o que non imos a aceptar é a quita, esa non é unha solución aceptable” e os responsables públicos teñen que tomar outra. Polo que se refire ás acción emprendidas polo rexidor moañés, José Fervenza, Humberto Gestido sinalou que confía en que as leve a cabo, pois ese foi o compromiso ao que chegou cos aforradores.
Outros afectados cos que falou esta redacción, esta mesma tarde no Concello de Moaña, non son tan optimistas e creen que Fervenza non poderá facer moito e mesmo sinalan que, pese a agradecer o xesto de apoiar aos afectados, este non deixa de ser “moito de cara á galería”, se quere solucionar algo, continúan, “que vaia coa camiseta a ver a Feijóo”.
Da mesma opinión son as concelleiras do BNG e PSOE, María Martínez e Marta Freire, para as que o alcalde non aportou, “ate agora” solución algunha. Martínez salienta que dende o “xesto da camiseta” non deu explicación saos afectados, “nen él nen os concelleiros do Partido Popular” e que casi non volveu polo Concello. Sí recoñecen que “todas os días, de 11 da noite a 5 da madrugada” dous membros do equipo de gobernó moañés acompañan aos aforradores no seu peche, pero “non falan con eles nin se relacionan con ninguén”.
Pola súa banda, Marta Freire sinala que non hai plenos nen comisións dende xaneiro e que o a oposición “está desinformada” dos temas que se aproban nas xuntas de goberno “que se celebran no despacho da Alcaldía”, o cal fai imposible un control da xestión municipal.
O que sí admiten e que a actitude de José Fervenza supón un cambio en relación coa de outros alcalde do PP, “non fai o mesmo que o de Ponteareas ou a alcaldesa de Sanxenxo, aquí os veciños non están rodeados pola Policía”, o cal consideran que reflicte a realidade, “os aforradores non son violentos, nunca tiveron esa actitude, nen aquí nen en outros concellos, por moito que queran criminalizarlos, a lo menos o alcalde de Moaña iso non o fai”.