Vigo al minuto

Vigo celebra o Día Mundial do Autismo lembrando ao milleiro de veciños con este problema

Varios rapaces e rapazas completaron un mural no que se lembraba esta data

O Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolleu na mañá deste martes un acto, amenizado pola Orquestra do centro Castro Navas, con decenas de rapaces e familiares con autismo para conmemorar esta data que foi declarada polas Nacións Unidas (ONU) en 2007. O presidente da Fundación Menela, Cipriano Jiménez, lembrou que o obxectivo desta data é “concienciar, informar e sensibilizar” sobre esta doenza e esixir unha maior integración daqueles que a sofren “porque detrás das súa incapacidade hai moitas capacidades”.

Jiménez lembrou que esta celebración coincide con feito de que 2013 é o ‘Ano Europeo da Cidadanía Activa’ e salientou a importancia esencial da participación no eido da integración ao tempo que indicou que os casos de autismo increméntanse cada ano, “en Vigo hai entre 600 e 1.000, moitos deles sin diagnosticar, en Galicia son 5.400 e en todo o mundo calcúlase que 1.000 millóns de personas son autistas…por iso é necesario integrarlas de cara á súa inclusión social”.

A continuación varios dos alumnos do Colexio Menela e de Castro Navas, leeron anacos da declaración deste día afirmando que é esencial a colaboración e o compromiso de todos para lograr que poidamos exercer os nosos dereitos e temos que concienciarnos de que a sociedade é de todos e para todos e que, aínda, estamos lonxe de acadar o exercicio pleno de eses dereitos”.

Ademáis demandaron que “se escoite a nosa voz e que recoñeza a igualdad eco resto dos cidadáns, algo que fará que nun futuro non sexa necesario celebrar este día porque estaremos plenamente integrados”.

 

También te puede interesar