Será o Instituto Municipal de Deportes (IMD) o que se faga cargo da xestión das instalacións deportivas da ETEA, dacordo co aprobado este venres pola xunta local de gobernó do Concello, polo cal o pavillón da antiga escola da Armada abriranse ao público o vindeiro luns.
Segundo anunciou o alcalde, o horario de apertura, de luns a vernes, será desde as 4 da tarde ás 11 da noite, e os sábados, domingos e festivos “de forma prácticamente ininterrumpida”, tendo en conta as solicitudes de competicións.
Polo que se refiré á programación deportiva, nos primeiros meses será provisional, en función da demanda, ata que no outono pase a integrarse na axenda xeral das instalacións deportivas municipais.
“Estamos moi satisfeitos de que a ETEA volva a ser unha zona de utilización do conxunto da cidade e dunha zona xa deportiva”, afirmou Abel Caballero, quen lembrou que, á súa chegada ao Concello, estos espazos deportivos estaban pechado e que, nestos anos, abríronse e acondicionáronse, ademáis da praia e o paseo, as devanditas instalacións.