O grupo municipal do Bloque en Cambre propuxo, hai varios días, que fose retirada a foto do Rei que preside os plenos do concello. O goberno local non o aceptou alegando que tiña que haber unha fotografía do Xefe do Estado en lugar destacado. Foi nese intre cando a un dos concelleiros nacionalistas, aceptando que tiña que ser así, presentou, no rexistro municipal, unha solicitude para que o retrato de Xoan Carlos I se actualizase, porque o actual é de cando Urdangarín estaba en Primaria.
Entón, Daniel Carballada adxuntou, xunto coa súa proposta unha fotografía do Rei cazando en Botsuana. Carballada sinalou que así, ademáis de actualizar o retrato oficial, “denunciamos, con ironía, a a situación da monarquía”. Parece ser que o concelleiro declarou o seu amor pola ‘real-eza’, comentando que xa que hai que poñer unha real foto, a lo menos que sexa unha foto real.