O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez e o alcalde de Versmold, Thorsten Klute, asinaron este sábado, nun acto desenvolvido no salón de sesións da Casa do Concello de Tui o acordo de irmandade entre as dúas localidades.
A iniciativa deste acordo de irmandade entre Tui e Versmold xorde da ampla colonia de emigrantes tudenses, especialmente das parroquias de Paramos e Baldráns, que desenvolveron na localidade xermana a súa actividade laboral, moitos xa volveron a Tui pero un importante número aínda reside en Versmold, cunha importante actividade social naquela localidade. Estes lazos están na base do posterior acordo das autoridades locais de ratificar esta relación coa sinatura deste acordo de irmandade.
O acto rematou nos xardíns de Troncoso coa plantación dunha maceira agasallo de “Versmold”, para que as raíces desta irmande crezan igual que as desta árbore.