A dirección do asteleiro, segundo declaración feitas a diversos medios, agarda que as negociacións coas entidades que teñen que facilitarlle os avais, estén pechadas este mesmo mes para, a finais do mesmo, empezar a construcción do flotel contratado pola Pterolera Mexicana (PEMEX).
Hai que lembrar que Pemex xa prorrogara o prazo que lle dera a Barreras para conquerir os devanditos avais e que o mesmo vence o 30 de abril, algo que, segundo declarou o presidente do asteleiro non sería problema porque as negociacións “van ben” e o traballo ten que empezar en menos de tres semanas.
Hai apenas un mes, José García Costas amosouse convencido de que non chegaría a agotarse o novo prazo dado pola petroleira e, ainda que non acrarou se a financiación para a construcción do buque será completamente privada ou habería axudas públicas, si subliñou que o contrato inclúe a posibilidade aplicar o novo ‘tax lease’.