Comarcas

Charlas sobre concienciación forestal nos colexios de Mos

Este martes iniciouse no CEIP de Atín un programa de charlas forestais informativas en centros de Educación Primaria do municipio de Mos, promovido e organizado polo Concello de Mos, e impartido por axentes forestais do Distrito número 18 de Vigo-Baixo Miño.

O Concello mosense emprendeu esta iniciativa co motivo do Día da Árbore, e para completar a actividade realizada en cada centro, os alumnos beneficiarios da mesma proceden tamén á plantación das especies cedidas pola Xefatura Territorial de Medio Rural de Pontevedra.

Esta actividade está dirixida ós estudantes de 5º e 6º  cursos de Educación Primaria e durante cada unha das charlas abórdase a seguinte temática: razóns para plantar unha árbore, árbores típicas de Galicia, valores e beneficios do monte, sensibilización sobre a problemática dos incendios forestais e os seus efectos negativos, e persoal que traballa no monte.

Tras a charla impartida esta mañá no Colexio de Atín, a cita continuará mañán no CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda a partir das 09:45 horas, e o mércores, día 11 de abril, á mesma hora no CEIP de Petelos.

También te puede interesar