Galicia

Empeza a programación de ‘aperturas especiais’ nas bibliotecas universitarias

Dende o vindeiro 13 de abril, a  Biblioteca Universitaria inicia a ‘tempada’ de aperturas especiais nos tres campus. As datas e horarios das aperturas son: de fin de semana, sábados e domingos, dende o 13 de abril ao 12 de maio, tamén o 1 de maio, en horario ininterrompido de 8 da mañá a 10 da noite nas bibliotecas de Torrecedeira, Centralo de Ourense e Central de Pontevedra. A Biblioteca Central do campus de Vigo abrirá, esas mesmas fins de semana de 9 da mañán a 9 da noite.

Aperturas nocturnas, que abranguen de luns a venres, agás festivos, do 15 de abril ao 10 de maio, ata as 3 da madrugada, nas bibliotecas Central de Ourense e Central de Pontevedra. Na biblioteca de Torrecedeira o horario nocturno prolongarase ata o 15 de maio.

 

También te puede interesar