Vigo al minuto

Pemex, interesada en entrar no accionariado de Barreras

O presidente de México amosou este luns o interese da Petroleira Mexicana (PEMEX) por entrar no accionariado dun dos asteleiros da Ría de Vigo, posiblemente Barreras, unha operación na que temén estarían interesados outras firmas privadas mexicanas. Eso asegurou o presidente da Xunta logo de manter unha entrevista con Enrique Peña Nieto na que, non se pecharon novos encargos para os asteleiros galegos, ainda que, segundo Alberto Núñez Feijóo, Peña Nieto “amosou o seu firme compromiso cos acordos alcanzados no naval e no sector portuario desde o ano 2012”.

Feijóo salientou que o presidente de México amosouse “receptivo” a que se materialicen novas operacións no futuro entre a petroleira mexicana e os asteleiros galegos. O presidente da Xunta referíase á participación galega na na renovación da flota menor emprendida por Pemex, que suporá un investimento de 240 millóns de dólares.

O mandatario galego confirmou a nova avanzada por vigoalminuto hai uns días: Pemex quere entrar no accionariado de Barreras de xeito que a petrolera mexicana poda ter un asteleiro estable en Europa, un proxecto no que poderían participar diversos inversores privados, o cal levou a Feijóo a afirmar que “Galicia é un socio estable para os plans de crecemento da petrolera Pemex”.

 

También te puede interesar