É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másPórtico renegocia a súa débeda cos bancos
O Grupo Pórtico está renegociando a súa débeda coa banca para evitar recorrer a un preconcurso de acredores. É a terceira vez, dende que se iniciou a crise, en 2008, que a empresa galega ten que facer esta operación: o primeiro foi en 2009. O descenso das vendas, unido á importante inversión para construir un almacén roborizado, levaron á compañía, que ten a súa sede en Mos, a esta situación.
Os sindicatos presentes no comité de empresa xa foron informados desta circunstancia e, dacordo co ditio polos directivos da firma, agardan ter novidades sobre o proceso a finais deste mesmo mes ou a principios do que ven.
Polo momento, estase a aplicar un expediente de regulación temporal de emprego (ERE), que comezou en decembro de 2012 para o persoal de oficina, e que durará un ano, e outro que iniciouse en febreiro pasado e que afecta ao persoal de almacén. O mesmo vai acompañado dunha baixada do 7,5% nas nóminas, a cambio do cal os traballadores dos centros que se pecharon, en Galicia, Portugal e Madrid, poderán incorporarse ao almacén central.
So en Pontevedra, onde están as oficinas e o almacén de Pórtico, traballan 290 personas, ás que hai que sumar os empregados do resto de Galicia, Portugal e América.