É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Academia Galega de Seguridade convoca dous cursos para personal de Emerxencias de Galicia
A Academia Galega de Seguridade Pública ven de convocar dous cursos destinados ao persoal de Emerxencias e Protección Civil de Galicia. A Academia convocou dúas novas edicións do cursos de apoio psicolóxico e manexo do estres nos intervenientes en situacións criticas, de emerxencia ou catástrofe, con 25 prazas por cada edición.
Os obxectivos do curso serán que os profesionais das emerxencias aprendan pautas de apoio psicolóxico que poidan resultar de utilidade durante a actuación con vítimas e afectados tras unha situación critica, emerxencia ou catástrofe, coñecer os efectos do estres a súa prevención, identificar reaccións que poden aparecer en situacións criticas, emerxencias ou catástrofes e aprender estratexias de afrontamento individual ante situacións estresantes.
Na mesma liña, convócanse un curso sobre a ferramenta informática de análise de risco químico, FARQ-AXEGA, que ten coma obxectivo adquirir unha formación teórico-práctica no uso de ferramentas informáticas de modelización de escenarios en que estean presentes substancias químicas ou mercadorías perigosas, determinación de variables do contorno e representación dos resultados sobre cartografía dixital, que permitan a planificación e toma de decisións en tempo real.
Os contidos do curso versarán sobre a cartografía dixital, a xestión do risco químico CAMEO; a ferramenta de simulación de escenarios ALOHA; a ferramenta de representación MARPLOT; e a representación e análise do risco, SVGIS, entre outros.
O persoal que desexe participar nos cursos deberá inscribirse na páxina web da Academia e pode facelo premendo aquí.