
Máis de 2.000 personas, na súa maioría aforradores que teñen “atrapados” os seus cartos en Novagalicia Banco, acudiron este sábado en Vigo á convocatoria feita pola Plataforma de afectados pola compra de Preferentes de Vigo-Val Miñor, para protestar contra as ‘quitas’, aprobadas polo Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) e ratificadas polo Congreso dos Deputados.
Á manifestación acudiron boa parte das plataformas de afectados de Galicia, que representan a máis de 47.000 aforradores as que os bancos e caixas reteñen máis de 1.000 millóns de euros.
Sen incidentes de ningún tipo, o que hacía innecesaria a presenza de hasta cinco furgóns da Policía Nacional, os organizadores subliñaron que “este non é un acto político centrado en gañar ou facer perder votos”, senon unha protesta contra a “estafa máis grande da historia de España”, algo que, indican, xa foi recoñecido por todo o mundo, “dende o empregado do banco que nos vendeu estos productos, hasta o presidente do Goberno, pasando pola Fiscalía, a Xunta, os partidos políticos, concellos, mesmo a Xustiza”.
Os afectados esixiron que “se nos devolvan os nosos aforros, todos eles, porque non somos inversores, senon traballadores que loitamos durante toda a vida para ter uns cartos que, nesta situación na que estamos fainos falla para vivir” .

A xuizo dos organizadores, “son todos os cidadáns os implicados porque todos estamos sufrindo quitas nos nosos dereitos, nos nosos salarios, nas nosas pensións, na educación e na sanidade”, ao tempo que salientan que a solución plantexada polos políticos “non é máis que unha montaxe para gañar tempo e que a opinión pública se esqueza de todo o nos acabemos cansándonos…ou morrendo”.
A concentración que saiu do cruce de Jenaro de la Fuente e baixou polos Choróns e Urzaíz, sí ocasionou un considerable atranco no tráfico, en especial en Pizarro e as saídas cara a a Travesía de Vigo, onde os conductores agardaban ate media hora para avanzar apenas trescentos metros.