Unha marcha cidadá reivindicará este domingo protección para o espazo natural da Serra do Galiñeiro e esixirá á Xunta que anule a autorización dun parque eólico nesta contorna.
Os responsables do BNG, Manuel Caride e Carme Adán, pediron que o goberno galego anule a autorización dun parque eólico e denegue a posibilidade de realizar catas de prospección mineira. O Bloque presentou diversas iniciativas no Parlamento de Galicia sobre este asunto e plantexou distintas preguntas se siguen sen resposta como “qué necesidade hai de colocar un parque eólico neste lugar?” cando, ao seu xuízo, “todo o que está a facer o PP vai encamiñado precisamente a destruír este sector”.