Máis de 9.000 aspirantes ás listas de selección temporal de diversas categorías do Servizo Galego de Saúde (Sergas) poden consultar xa a súa admisión no expediente electrónico do profesional (expedient-e).
Segundo explica a Consellería de Sanidade nunha nota de prensa, con esta ferramenta poden consultar as causas de exclusión, a documentación declarada co estado de incompleta (DI), así como os erros materiais en que incurrieren as persoas aspirantes que poderán ser emendados ata o 4 de maio de 2013, inclusive.
Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, procederase á publicación dunha lista definitiva de excluídos e admitidos co resultado de baremación aplicada a estes últimos. Todas as persoas que non figuren na relación de admitidos e excluídos e formalizaran a súa solicitude de inscrición con posterioridade ao día 31 de outubro de 2012, se incluirían na relación de admitidos/excluídos no seguinte proceso de xeración de listas.
Sanidade engade que en próximas datas está prevista a publicación das listas definitivas de baremación da categoría de Enfermeiro/Enfermeira.