Galicia

Beiras achégase ao escano de Feijóo no Parlamento e pídelle “decencia”

O voceiro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE),  interrumpiu este mércores a a sesión de control ao presidente da Xunta cando Alberto Núñez Feijóo respostaba a unha pregunta formulada polo nacionalista Francisco Jorquera. Xosé Manuel Beiras achegouse ao escano de Feijóo, que estaba en pé co micrófono aberto, para pedirlle “decencia” logo de que o presidente lle suxerise que “so lle queda sacar o zapato ou emocionarse”, aludindo a intervención de hai uns días.

Logo do ocurrido, Beiras abandonou o hemiciclo e Feijóo seguiu no seu turno de palabra acusando ao BNG de imitar a AGE. Pola súa banda a presidenta do Parlamento lenbroulle ao líder de AGE que como membro da Cámara ten dereitos e tamén deberes.

 

También te puede interesar