A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa cos peches reivindicativos contra a Lei Orgánica de Mellora do Sistema Educativo (LOMCE). Desta volta, o peche tivo lugar no instituto San Tomé de Vigo, e prolongouse desde a tarde do mércores 24 á mañá do xoves 25 de abril.
Dende a plataforma denúnciase o carácter “elitizador, privatizador e desgaleguizador” dunha reforma lexislada a medida de poderes empresariais “e sectores reaccionarios, como a Igrexa católica”.
As protesta contra a Lomce continúan este xoves 25 de abril cun peche no IES Terra de Turonio de Gondomar. A campaña de encerros nos centros esducativos rematará o venres no IES Torrente Ballester de Pontevedra.
Finalmente, a CIG-Ensino e a plataforma anunciaron tamén a convocatoria dunha folga no ensino contra a LOMCE para o xoves día 9 de maio.