A conselleira do Mar esixe explicacións a Francia polo falso caso dos mexilóns galegos

A conselleira de Medio Rural e do Mar esixiu este venres explicacións a Francia, a quen acusou de querer “tapar as súas carencias a custa das virtudes dun dos mellores centros do mundo” en materia de control da calidade das augas, o Intecmar. Rosa Quintana acusou ás autoridades galas de tentar danar a imaxe “dun dos sectores máis responsables de Europa”, por o da produción e extracción de mexillón en Galicia.

Na súa intervención no almorzo informativo ‘Fórum Europa. Tribuna Galicia’, Quintana lembrou que, como quedou comprobado a través da rede europea de alertas sanitarias, finalmente, e en contra do que comunicaron publicamente os ministerios de Agricultura e Sanidade franceses, o mexilón que provocou varios casos de gastroenterite naquel país, foi tratado en depuradoras do mesmo.

A conselleira subliñou que o sector galego, o que “non quere para si, tampouco o quere para ninguén” e calificou ao sistema de control sanitario de Galicia como “paradigma con maiúsculas dentro da Unión Europea”. Quintana engadiu que o Intecmar “é un centro ao que poñen de exemplo en Europa e ao que veñen do resto dos Estados membro a aprender, e falo de falo de irlandeses, de portugueses, de turcos, de italianos, de ingleses, de alemán… e, por suposto, falo de franceses”, concluiu.

 

También te puede interesar