Galicia

Cogami forma a 17 personas con discapacidade, de quince concellos, a distancie e grazas as novas tecnoloxías

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) finaliza o curso de formación a distancia que estivo impartindo dende o pasado mes de febreiro.

Un total de 17 persoas con discapacidade formáronse en técnicas administrativas e de oficina durante 300 horas e en conexións directas de luns a venres coas profesoras para poder expresar as dúbidas.

As dezasete persoas que formaron parte deste curso a distancia procedían de distintos concellos galegos, sendo maioritariamente do rural, uns dos ámbitos polos que aposta COGAMI porque “é no rural onde resulta máis complexo dotalo de servizos”. Así, “as persoas que adoitan formarse a distancia con COGAMI fano porque lles é complexo poder asistir aos presenciais, porque non teñen medio de transporte nin privado nin público adecuado ou por ter mobilidade reducida”.

O alumnado procedía de Allariz, Ames, Arzúa, Burela, Culleredo, Lalín, Meis, Monforte de Lemos, O Rosal, Oleiros, Quiroga; Teo, Xinzo de Limia, Ferrol e Tomiño.

Con este tipo de accións formativas, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade “inténtase que o colectivo que representa estea preparado para inserirse no mercado laboral e conseguir, finalmente, a súa inserción dentro da sociedade”.

 

También te puede interesar