Vigo al minuto

Este sábado inaugúrase en Ifevi o Salón do Automóbil de Vigo

Así é, en Ifevi e cun total de 40 marcas, empeza este sábado o XXII  Salón do Automóbil de Vigo que estará aberto ate o vindeiro 5 de maio. O seu responsable salientou que mantén os 25.000 metros cadrados de superficie expositiva que estará ocupada por 31 firmas de coches e 9 de motos, ademáis de  ademais de 30 empresas relacionadas coa automoción.

Entre as novidades deste ano, destaca a a presentación de primicias como os Peugeot 2008 e 208 GTI, o Subaru BRZ e o Renault Captur e os novos vehículos eléctricos Peugeot Partner, este de procedencia viguesa, e Renault Zoe.

Como atracción desta edición, no eido das actividades paralelas, haberá, unha pista de karts con 2.000 metros cadrados de superficie e 10 vehículos e un posto para competir realizando o cambio de roda máis rápido nun coche de fórmula un. Tamén haberá homenaxes a Porsche e Renault e repiten o scalextric e os simuladores de condución.

Unha vez rematado o salón, do 9 ao 12 de maio celébrase Motorocasión, o salón de automóbil usado unha cita que os organizadores consideran do máximo interese tendo en conta que hoxe se venden 2,5 coches usados por cada un novo.

 

Te podría interesar