Galicia

Beiras califica a Feijóo de “enarca narco presidente”

O voceiro parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), asegurou, durante a súa intervención na XI Asamblea de Esquerda Unida, á que asistiu como convidado, que a coalición de Anova, Esquerda Unida e outras formacións en AGE “marca un antes e un despois” na historia política e acusou o presidente da Xunta de ser un “enarca narco presidente”.

Xosé Manuel Beiras salientou que a existencia de AGE é necesaria como “fronte amplo popular para combater a barbarie do grande poder capital financiero e dos bonecos de ventrílocuo que simplemente executan as súas consignas traizoando os cidadáns”.

Para Beiras a coalición AGE “significou que dous centros de gravidade, a cuestión nacional e a cuestión de clase tivesen un peso específico” na actualidade para combater “esta fase de caos sistémico mal nacido da segunda restauración borbónica e que se converteu nunha oligarquía que esmaga aos pobos”.

“A cidadanía máis activa comprendeu que tiñamos que ser capaces de marcar unha orientación que encamiñase ese proceso de rebelión cívica que protagonizan os cidadáns para non rematar nun caos no que pesen os neofascistas de sempre e de agora”, asegurou Beiras.

Para o voceiro parlamentario de AVE “esa especie de chusma está encarnada en San Caetano por un enarca narcopresidente”, Alberto Núñez Feijóo, en referencia a alumnos da Escola Nacional de Administración (ENA) francesa e que designa un réxime político dun Estado dominado e dirixido pola súa propia Administración.

 

También te puede interesar