O alcalde de Pontevedra ven de anunciar que o Concello convoca unha manifestación para o vindeiro día 10 en defensa dos Afectados pola compra de Preferentes. Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou que xa informou da convocatoria á Plataforma de Pontevedra-Marín e que se comunicará co resto nas vindeiras horas.
Lores vencellou este chamamento á anulación, por parte do Ministerio de Economía, dunha entrevista que él mesmo tiña con secretario de Estado deste departamento, Fernando Jiménez Latorre, pechada para o vindeiro día 13 e que, segundo o alcalde foi anulada este mesmo luns sen explicación algunha. Lores tiña intención de acudir á devandita reunión xuntos con dous representantes dos afectados.