Vigo al minuto

O Bloque denuncia que a Xunta pechará camas de xinecología en Vigo todo o verán

Eso aseguraron, este martes, a  deputada autonómica do BNG Carme Adán e a voceira municipal nacionalista en Vigo, Iolanda Veloso. As dúas salientaron en rolda de prensa que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS),  pechará as camas da planta de Xinecoloxía do Hospital Xeral, do Meixoeiro e o Nicolás Peña durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Adán subliñou que esa foi a información que lles deu aos sindicatos do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) o seu novo xerente quen, dixo a deputada, xustificou a medida polo feito de que non se vai a sustituir ao personal que está de vacacións esos meses.

A responsable do BNG calificou o feito de “increíble” tendo en conta a losta de espera que hai en Vigo e que esta segue medrando. Polo que atingue a este tema, Carme Adán denunciou que a demora media nos hospitais vigueses, que é de 87,1 días a 31 de marzo, “aumentou en 18 días” en relación á que había 31 de decembro de 2012. Sobre o caso concreto de xinecoloxía, mantivo que o tempo de espera tamén subiu, ao pasar de 49,8 a 63,4 días de media.

A deputada nacionalista avanzou que o BNG xa presentou unha proposición non de lei para que a Xunta realice todas as substitucións necesarias co fin de que non se produza o peche de camas de xinecoloxía, “se cadra a Xunta cree que as viguesas non enferman en verán”, indicou.

 

También te puede interesar