Máis de 75.000 personas, segundo os datos da Policía Local, participaron este mércores nas manifestacións convocadas para reivindicar, este 1º de Maio, unha nova política económica.
Os congregados – entre os que estaban Afectados polas Preferentes ou empregados de Pescanova, ademáis de a plantilla de Unísono, representantes do Naval ou de Esquerda Unida – que segundo as centrais convocantes superaron os 100.000, clamaron contra os datos ‘pavorosos’ do desemprego, criticaros a xestión do Goberno, “que nos leva á ruina dun camino sen saída, á emigración, camino que xa emprenderon máis de 60 rapazas e rapaces galegos, e a acabar sendo, para sempre, unha sucursal de Alemaña”.
A convocatoria máis numerosa foi a da Confederación Intersindical Galega (CIG), que saiu pasado o mediodía do cruce da entrada do Calvario á que, segundo datos oficiais, asistiron 45.000 personas.
Tratábase da manifestación central dos nacionalistas en Galicia e nela estivo o secretario xeral, Suso Seixo, ademáis de representantes de diferentes asociacións, organizacións e partidos, entre eles o voceiro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia, Xosé Manuel Beiras.
UGT e CCOO, que concorrían xuntas a este 1º de Maio, convocaron a 30.000 personas, entre elas o alcalde, Abel Caballero, con parte do seu goberno ou os deputados Abel Losada e Manel Gallego.
Pola súa banda, CGT e CUT, que saíron ao redor das 11 e media, foron acompañados por preto de 4.000 personas, segundo datos dos convocados, rebaixados a 1.200 pola Policía Local.
Ao término da marcha, na Porta do Sol, o secretario xeral da CIG asegurou que as decisión do Goberno “levan a continuar coa recesión, fan que siga destruíndose emprego e tecido económico e a que non haxa perspectivas de recuperación da economía”. Suso Seixo denunciou a “incapacidade” do Executivo de Rajoy “tanto dende o punto de vista ideolóxico coma do profesional e político”.
O seu discurso, Seixo lembrou o lema da convocatoria, ‘Partido Popular, Unión Europea; menos dereitos, máis probreza’ que , subliñou, “serve para sinalar aos culpables desta situación”.
O líder da Confederación Intersindical Galega advertiu que se dan as razóns obxectivas para unha folga xeral xa “non pode seguir esperando a que sigan recortando máis dereitos”. Do mesmo modo, sinalou que “se o Goberno non está á altura das circunstancias, ten que irse e convocar novas eleccións para que poidan asumir a responsabilidade as forzas que están dispostas a defender os intereses da maioría social”.