Salceda de Caselas celebrará esta fin de semana o ‘Domingo Gastronómico’ no que tres parroquias do concello acollerán outras tantas festas gastronómicas, formando así un día con productos para tódolos gustos.
VII Festa do polbo en San Xurxo
Organizada pola Comisión de Festas Santa Bárbara 2013. O seu presidente, Juan Manuel Lemos anunciou que se venderán tapas a 10 € e racións a 17 €. Ademáis contarán con productos complementarios como empanada, tortilla ou callos. A festa celebrarase a partires das 11 da mañá no torreiro de festas de San Xurxo.
II Festa do bacallau á brasa en Budiño
Organizada polo Centro Cultural O Coto. Na rolda de prensa estivo a súa vicepresidenta Violeta Trigo, que confirmou que a ración de bacallau con cachelos, pan e viño venderase a un prezo de 7 €. A festa celébrase no Centro Cultural O Coto de Budiño, e complementa a súa programación coa celebración dun mercadiño no que se poderán atopar artigos tanto novos como de segunda man, e no que se abrirá tamén a posibilidade de facer trocos en vez de compra-venta.
I Festa da angula en Soutelo
Organizada pola Comisión de Festas de San Liborio 2013. Neste caso a ración de angula venderase a 28 €, existindo tamén a posibilidade de mercar os vales anticipados por 25 €. Completan tamén a oferta gastronómica con callos, xamón asado e empanada.