O concelleiro de Seguridade fixo balance este mércores dunha campaña informativa realizada pola Policía Local en 229 vehículos, que evidencia que o 15% do total non cumprían coa norma legal aplicable aos Sistemas de Retención Infantil (SRI). O edil invitou a centros escolares e asociacións a solicitar un curso informativo que ofrece o Concello ao respecto.
A campaña de carácter informativa realizada pola Policía Local indica que o 86% dos vehículos analizadso cumprían coa normativa estipulada para os Sistemas de Retención Infantil.
Segundo os datos revelados este mércores por Carlos Font, do total de 229 coches estudiados, só 32 incumplían (o 14%), 22 por non ser unha cadeira homologada e 10 por non contar co axeitado grupo de seguridade da mesma.
Font explicou que o obxectivo do Concello é “centrarnos na seguridade dos menores” e recordou que o goberno local, a través do departamento de Educación Viaria da Policía Local, ofrece formación sobre SRI en centros escolares e nas asociacións que o soliciten: “faremos cantos cursos sexan necesarios”, apuntou. Os axentes comprobaron que o 7,42% dos condutores dos vehículos acudiron aos cursos formativos do Concello sobre estes sistemas e o 60% son coñecedores da normativa sobre as cadeiras para nenos.
Carlos Font ofreceu outros datos extraídos do traballo dos axentes, como que a media de menores transportados en cada vehículo ascende a 1,52, que o 51% dos condutores dos coches son mulleres polo 49% de homes -de idades habitualmente entre os 31 e os 40 anos-, e que o desprazamento corre maioritariamente a cargo das nais nun 48% das ocasións, sendo os pais os encargados nun 40% e outros membros da familia no 12% dos casos restantes.