Vigo al minuto

Esquerda Unida pide que se fagan públicas as asignacións aos grupos municipais do Concello

Esquerda Unida lembra que a Lei Reguladora de bases de réxime local xa obriga aos grupos municipais a levar unha contabilidade específica de dotación económica que se lles asigne que “porá a disposición do Pleno da Corporación sempre que este o solicite”. Polo tanto se o Pleno non o solicita desconócese esta contabilidade públicamente.

“Sería bo que a cidadanía coñecera esta para evitar a sospeita contínua que a cidadanía expresa sobre estos recursos públicos e que lamentablemente viuse confirmada no caso do grupo municipal socialista do Concello de Ourense.”

Eu considera que o Concello debe garantir que con estes recursos “non se está a pagar outro tipo de cousas que non sexan as estrictamente recoñecidas pola lei” evitando que dita cantidade sexa  destinada ao pagamento de remuneracións de persoal, á adquisición de bens que constitúan activos fixos patrimoniais, ou mesmo a actividade orgánica interna dos partidos.

Ademáis delo, lembra que entre a constitución dos grupos en 2007 e a de 2011 esta asignación elevouse case un 10% no caso do PSOE, dun 2% no caso do BNG e diminuíu un 8% no caso do PP por decisión propia neste caso do propio partido. Considera que este montante, unido ás retribucións do alcalde e dos concelleiros -Alcalde 65.220,01 €, dedicación exclusiva 56.141,23 €, dedicación parcial de 26 horas 38.761,20 €, dedicación parcial de 19 horas 28.070,62 €, Dedicación parcial de 9 horas 13.648,65 € –  suma un importe o suficientemente considerable para que seña desglosado ao miúdo na web do concello como “forma de transparencia e a fin de evitar suspicacias ante o exemplo nefasto que estamos a sufrir no Concello de Ourense”.

EU non entende como nun contexto de crise brutal en 2011 e atendendo ao previsible recorte de recursos económicos e públicos os grupos non fixeron un esforzo de “austeridade” real, a do PP, solicitando unha rebaixa do 30% “foi puramente publicitaria fronte a unha realidade de mantemento innecesario das dedicacións exclusivas e parciais”. Na actualidade o PP recibe 39.150 €, o PSOE 36.050 e o BNG 23.650 € por acordo plenario sen que dende 2007 se solicitara públicamente a contabilidade destas partidas en Pleno.

 

También te puede interesar