Galicia

A flota galega poderá seguir faenando nas Seychelles

A secretaría xeral de pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente valorou de forma “moi positiva” a renovación do protocolo de aplicación do acordo de pesca entre a Unión Europea e Seychelles porque asegura a continuidade da actividade pesqueira neste país.

O acordo rubricado este venres na capital das illas, terá unha duración de seis anos, o dobre que o protocolo anterior, e ten prevista a súa entrada en vigor en xaneiro de 2014.

Este acordo é o de maior importancia cuantitativa en termos de capturas para a flota atuneira española –a tripulación da cal está composta por numerosos galegos– e supón a continuidade dun partenariado estratéxico da UE en materia pesqueira e, en particular, para a flota española, que leva desenvolvendo a súa actividade neste caladero dende fai xa 30 anos.

O acordo incorpora axudas para as infraestruturas portuarias de Seychelles, fundamentais para a flota española española no Océano Indico, xa que a UE destinará a este protocolo 30 millóns de euros, dos que a metade serán destinadas á mellora destas infraestruturas.

 

También te puede interesar