O Eixo Atlántico confía en que o ‘roaming’ entre España e Portugal desaparezca nun ano

O secretario xeral do Eixo Atlántico destacou que a organización “xa está a traballar na eliminación do ‘roaming’ telefónico entre España e Portugal”, en contacto con operadores que se están a mostrar “receptivos” para que desapareza a obriga de pagar por recibir datos fora da área de servizo local da propia compañía.

“Se o conseguimos nun ano, eu xa estaría feliz”, sinalou Xoán Vázquez Mao nunha entrevista á Radio Galega na que, entre outras vantaxes, citou que a inexistencia do ‘roaming’ significa “que non tes problema con Internet” e “que se tes unha tarifa plana, as chamadas no outro país entran dentro da túa tarifa plana”. “Estamos a falar de competitividade para as empresas e para o turismo”, resaltou.

Vázquez Mao salientou que esta cuestión “non depende dos gobernos senón das empresas, polo que hai que buscar contrapartidas  e  convencer ás operadoreas de que o que poidan perder, vano gañar en cota de afiliación”.

 

 

También te puede interesar