O conselleiro de Cultura e o director do centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën, asinaron este luns , la planta viguesa, un convenio de colaboración para promover a formación profesional na rama do automóbil. No acto o responsable de PSA entregou oficialmente á Xunta catro vehículos non comercializables que se empregarán para formación actualizada de profesores e alumnos.
O convenio ten unha vixencia de dous anos e establece o desenvolvemento dun programa de prácticas formativas para os alumnos de grao medio e superior nas instalacións de PSA Peugeot Citroën, orientación na formación do profesorado da Xunta e a colaboración de expertos da empresa en formación complementaria.
O conselleiro de Educación destacou que a iniciativa constitúe “unha sinerxía moi positiva da que se beneficia o alumnado, que vai mellorada a súa formación e as súas posibilidades de inserción no mundo laboral”, mentres que o director de PSA en Vigo enmarcou o acordo no compromiso da sinatura co seu ámbito e no seu “interese por contribuír á mellora da formación de profesores e alumnos dos centros de formación profesional de Galicia”.