Camelias faise un ‘lifting’ medio século despois da súa creación. O Concello empezou este mércores coa humanización do quilómetro e medio desta rúa que o alcalde, no acto simbólico de colocación da primeira pedra, calificou de “símbolo de Vigo”. Abel Caballero salientou que “dende a súa creación, a principios dos anos 60 do século pasado, prácticamente ninguén actuou” na súa mellora e, polo tanto, as conduccións soterradas de servizos como a auga suman máis de 50 anos de antigüidade.
Xunto á mellora da superficie, renovaranse as canalizacións de abastecemento, saneamento, pluviais e cableado, colocarase máis dun quilómetro de novas tuberías so no primeiro tramo da reforma, entre Álvaro Cunqueiro e á altura da rúa Ourense – reforma que estará rematada, se se cumpren os prazos, dentro de cinco meses-.
Segundo declarou o alcalde, os puntos de luz da rúa incorporarán sistemas para medir a intensidade lumínica natural e optimizar así o gasto enerxético e un método similar se empregará co rego, pois detectará a humidade para non empregar auga cando chova. A humanización de toda avenida costará 6,5 millóns de euros…eso sí, non se tocará un so dos camelios que lle dan nome, “ao contrario, imos plantar una ducia máis”.