Sucesos

Detido un individuo de 24 anos que enviaba fotos de contido sexual a unha rapaza de 11

O suxeito empregou o móvil para o seu acoso

Axentes da Policía Nacional detiveron en Cidade Real a un mozo duns 24 anos de idade que enviaba fotografías con contido sexual a unha nena de 11 anos que reside en Galicia.

Segundo informa a Dirección Xeral da Policía, este individuo contactou coa menor a través dunha aplicación telefónica para smartphone, e presuntamente levou a cabo acciones que poderían encadrarse na tipoloxía delituosa de ‘child grooming’. O ‘child grooming’ é unha modalidade de acoso a menores en Internet por parte de adultos que tratan de gañarse a súa confianza e amizade para conseguir algún tipo de satisfacción sexual, mediante a obtención de fotografías, vídeos de contido erótico e, na súa modalidade máis extrema, ter un encontro sexual e abusar deles.

Nas súas mensaxes manifestaba á vítima a súa intención de vir a Galicia co propósito de manter relacións sexuais, asegura a Policía nun comunicado. O detido usaba como alcumo o nome do protagonista dun libro para adolescentes coa finalidade de chamar a atención dos menores.

A investigación comezou cando o pai da menor formulou unha denuncia na que manifestaba que a súa filla mantiña contacto cun home, maior de idade, a través dunha aplicación de mensajería instantánea para smartphones. Este individuo enviaba mensaxes de alto contido erótico, esperando obter con iso imaxes ou fotografías do mesmo tipo por parte da menor.  Tras diversas indagacións realizadas, os axentes lograron identificar, localizar e deter ao presunto autor, acusado dun delito de corrupción de menores.

 

También te puede interesar