Comarcas

Programación especial no Festival de Títeres de Redondela polas Letras Galegas

O Festival Internacional de Títeres de Redondela ofrece hoxe, Día das Letras Galegas, unha programación especial ao longo de todo o día. Ás 12, na alameda, Alborada do Grupo Folclórico Anaquiños, de Chapela. Á 1, na Praza do Concello,“Barriga Verde” Viravolta Títeres (Galicia)

Ás 4 e media da tarde, no Museo Meirande. Rande programación ata as 9 da noite de actividades continuadas de monicreques, teatro e maxia. Buses dende A Farola ao Museo Meirande en Rande. Nenos 2€ e adultos 4€, ida e volta: 16.30-18.30, 17.15‐19.30, 18.15‐20.15 e 19.00‐21.00

Ás 5 da tarde, na Praza do Concello. “Barriga Verde” Viravolta Títeres; na Pista da Xunqueira. Asociación Xoeira. Obradoiros ata as 8; na  Casa da Torre/Alfonso XII. Charanga Vaite Xa (Galicia) e  “Odil” Les Contes D’Asphaldt (Bélxica).

Seis da tarde, nos Xardíns da Alameda. “Lume” Títeres Babaluva (País Vasco), na Praza da Torre‐Alfonso XII. Fanfarria Taquikardia (Galicia) e  Odil”, Les Contes D’Asphaldt. Ás 7, na Casa da Torre. “As Pombas do Carboeiro” Fantoches de Baj (Galicia) Coa participación da Banda de Saxos do Conservatorio de Música de Redondela, nos Xardins da Alameda‐Alfonso XII. Charanga Vaite Xa e no Paseo da Xunqueira. “Odil” Les Contes D’ Asphaldt

Ás 8, na Praza da Torre. Fanfarria Taquikardia; Alfonso XII. “Odil”, Les Contes D’ Asphaldte ; Xardíns da Alameda. “Lume”, Títeres Babaluva. Ás 8 e media, na Praza do Concello. “Barriga Verde” Viravolta Titeres; 9 e media, nos Xardíns da Almeda. Charanga Vaite Xa e ás 10, no Paseo da Xunqueira. Fanfarria Taquikardia.

Para os maiores que estén dispostos a seguir pola noite coa diversión, ás 12 menos un minuto, na Discotasca, “A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres”, Bandullo Azul (Galicia) Teatro xestual cómico, dirixido por Evaristo Calvo.

 

También te puede interesar