A Xunta quere aplicar todos os medios tecnolóxicos útiles na loita contra os incendios forestais, por iso este ano vaia a poñer en marcha, durante a campaña de alto risco de verán, que comeza en pouco máis dun mes, dous plans piloto, o primeiro baseado en helicópteros con visión de infravermello e o segundo na utilización de globos aerostáticos.
A consellería de Medio Rural aumentará tamén o número de cámaras de videovixilancia que detecten o fume e, sobre todo as que detectan o calor.
No que atingue aos helicópteros, as cámaras de infravermello, ainda que son a equipación máis cara das que incorporarían as aeronaves, facilitan o traballo pola noite completando aos globos aerostáticos, que traballarían de día. En principio faranse unhas probas e, en función do seu funcionamento, a Xunta decidirá se adapta os mesmos dende o vindeiro verán, xa de xeito xeneralizado.