O coodenador local de Esquerda Unida en Vigo considera, en relación co proxecto Porto Cabral que os inversores non terán responsabilidade patrimonial e que Eurofund “volta a realizar a mesma xogada que noutros concellos do Estado”, rexistrando no Rexistro Mercantil unha sociedade, Eurofund Investiments Porto Cabral Sociedad Limitada, de “pouco máis de 3000 € de capital social, polo que atopámonos cun proxecto nada claro e orientado á especulación pura e dura de terrenos rústicos”.
Rubén Pérez lembra que esta cifra, que é a de a contabilidade social, é a que marca a participación dos socios e a solvencia da sociedade e que, xurídicamente “non é a matriz holandesa á que acude ao concurso senón una sociedade unipersonal española” polo que ten que cumplir os requisitos de solvencia recollidos no Procedimiento de Contratación Pública.
Ao seu xuizo, os anuncios dos ‘socios inversores’ de Eurofunds son “meros globos sonda xa que se son inversores que poñan os cartos enriba da mesa no momento da licitación”. O responsable local de Esquerda Unida advirte que “estaremos atentos á mesa de contratación e as propias escrituras da empresa concursante xa que consideramos que non hai solvencia para entregarlle medio millón de metros cadrados de superficie forestal”.
Ademáis, Rubén Pérez salientou que EU esixirá ao interventor do Concello que evite casos como o de Collado Villaba “onde o pleno do concello, previo informe negativo do interventor, parou a concesión dos terrenos a esta empresa, neste caso Eurofund Investments A Vila S.L”. ao entender que o convenio urbanístico perxudicaba ao concello e non ofrecía a solvencia económica necesaria.
Esquerda Unida oponse radicalmente a este proxecto por causas medioambientais, de usos futuros do monte, económicas e de impacto sobre o pequeno e medio comercio pero, “somos conscientes de que proxectos como estos se paran na propia tramitación legal, acudindo a Fiscalia se é preciso”.