Vigo al minuto

A oposición parlamentaria e as asociacións en defensa da sanidade pública denuncian a paralización do novo hospital

Os membros de asociacións, Concello e partidos da oposición parlamentaria, esta tarde diante das obras do hospital, en Vigo/Tresyuno Comunicación

Representantes de todos os grupos parlamentarios da oposición no Parlamento de Galicia, ademáis de o alcalde, membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e SOS Sanidad Pública, concentráronse este mércores pola tarde diante das obras do novo hospital de Vigo para denunciar a paralización das obras do mesmo.

Todos eles coincidiron en que non se cumprirán os plazos de construcción do centro, “o cal non so encarecerá o seus orzamento final xa de por sí inasumible”, senon que afectará directamente aos veciños da área viguesa. En opinión dos congregados, hai un “risco real” de que as obras queden así, “para criar xestas”, dado que non hai xeito de conseguir financiamento,xa que varios dos bancos que debían garantir a mesma, Bankia e Caixa de Aforros do Meditarráneo “están en quiebra”, situación na que tamén se atopa unha das constructoras integrantes da Unión Temporal de Empresas (UTE) encargada do proxecto.

Á vista delo, os representantes de PSOE, Alternativa Galega de Esquerda, BNG e das asociacións a prol da Sanidade Pública, esixiron á administración galega que “rescate” o novo hospital e garanta que será cen por cen público. Ademáis delo, pediron que se recupere “completamente” o previsto nun principio, “á vista dos recortes que se fixeron no número de camas, de 1.450 a menos de 900; a eliminación dos módulos de oncoloxía e investigación, laboratorios, a unidade de queimados, e a de tatamento maxilofacial”.

Ademáis, os congregados salientaron que a situación actual do hospital é a proba de que este modelo de “sanidade privada que pretende impoñer a Xunta non é viable” e que, ademáis, pon de manifesto a intención do goberno galego de manter un sistema de “sanidade de pago”, como proba que as reduccións de unidades do novo hospital so teñen como” finalidade seguir mantendo a Povisa como centro médico de referencia para milleiros de pacentes de Vigo e os concellos próximos”.

 

También te puede interesar