O BNG de Ponteareas deu a coñecer os requirimentos realizados polo alcalde para reclamar o pago de taxas por presentar instancias dirixidas ao Concello. Cada requirimento é remitido por correo certificado con notificación de recibo, cun custe de 3,53 € cada carta. Esta taxa de 1,03 € foi declarada ilegal o pasado 19 de febreiro, ao aprobar o Pleno unha moción neste sentido. O acordo, aprobado co voto en contra do PP, tamén obriga ao goberno local a devolución dos cobros realizados con esta xustificación.
Os nacionalistas cualificaron de esperpénticos e surrealistas os requirimentos da concelleira de facenda, Belén Villar, asinados polo alcalde en contra do acordo da Corporación. “Resulta incríbel este novo despropósito, estragando cartos e ocupando inutilmente o tempo dos traballadores municipais en reclamar unha taxa ilegal”,
O BNG lembrou a acordo de exención de cobro das taxas inferiores a 3 €, na referida ordenanza de expedición de documentos administrativos. Os nacionalistas critican ao PP polo retraso na aplicación desta exención, “foi aprobada no Pleno do 19 de febreiro pero tardaron 70 días en publicalo, o pasado 2 de maio no Boletin Oficial da Provincia (BOP)”.